O Concello de Barreiros organiza o programa ActivaMente. As actividades empezan o 23 de outubro.

O Concello de Barreiros organiza o programa ActivaMente, talleres lúdicos nos que haberá actividades de aprendizaxe e lecer, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo), traballando a memoria, a atención e a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do concello.

O programa, que está destinado a maiores de 65 anos, xubilacións maiores de 60 anos ou con discapacidade do concello, dará comezo a semana do 23 de outubro e impartirase en: colexios vellos de San Miguel, os luns de 18 a 19 horas; centro social de Cabarcos, os xoves de 15 a 16 horas; centro social de San Xusto, os xoves de 16:30 a 17:30 horas; e
centro social de San Cosme, os xoves de 18:00 a 19:00 horas.

Os interesados/as en participar poden inscribirse no rexistro do Concello de Barreiros ata o 13 de outubro.