O Concello de Cervo abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais e nos cursos de natación.

O Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.

Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga. 

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Tamén se abre o prazo para os cursos de natación da temporada 2023-2024 tanto para nenos/as como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación da persoa usuaria e tamén se impartirán clases de Aquagym. Os cursos son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.

No caso dos cursos de natación, o prazo para anotarse, que será de maneira presencial na piscina, permanecerá aberto ata o próximo día 22 de setembro.

Tal e como sinalou a rexedora, Dolores García Caramés, “volvemos apostar firmemente, un ano máis, polo deporte como elemento imprescindible no noso día a día, xa que é un ingrediente esencial para o benestar das persoas, desde as idades máis temperás”. Desde o Concello de Cervo, neste sentido, -precisou- queremos darlle á nosa veciñanza diferentes e atractivas posibilidades para que actividade física sexa parte importante da súa rutina diaria, e traballamos por elo na elaboración dunha axenda o máis completa e diversa posible, adaptada a todas as idades”, tendo en conta tamén, que temos o privilexio de contar con instalacións deportivas de primeiro nivel, engadiu.

As inscricións poden descargase a través das seguintes ligazóns:

EDM ADULTOS:
https://drive.google.com/file/d/1QA7h6dbzNAeJz00Xg8vzfMsR_Qsix6ax/view

EDM INFANTÍS:
https://drive.google.com/file/d/1zhBTKb0GMGGrnucfJaIdB0v6OTSRxOsD/view

CURSOS NATACIÓN ADULTOS
https://drive.google.com/file/d/1RzrJOcaVG3jqUVVvKlGxDtqeUCm5IXLj/view

CURSOS NATACIÓN INFANTÍS
https://drive.google.com/file/d/1-o6HzWRSz3AHY4mZux_s8SYP2WKe1uQ5/view