O Concello de Cervo conmemora o día do libro cunha actividade virtual interactiva para toda a veciñanza.

O Concello de Cervo, a través da área de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, conmemora este Día do Libro cunha actividade virtual interactiva na que convidan a participar a toda a veciñanza e seguidores/as destas plataformas.
 
As persoas que desexen participar tan só teñen que  recomendar a través das súas redes sociais un libro e citar unha frase que lles inspire que atopen entre as súas páxinas e etiquetar ao Concello de Cervo no facebook ou a @cervocultura no instagram.
 
Só por participar recibirán un bonito artículo en pel confeccionado neste caso, pola artesá local Maria Jul Rivas.

Tal e como apuntou Caramés "non nos cansamos de dicir que é todo un luxo a canteira de artesáns e artesás que temos no noso municipio. Desde o Concello, como non podería ser doutro xeito, tentamos colaborar con eles/as sempre que temos oportunidade para que a nosa veciñanza, que sigue as diferentes actividades que promovemos a través das canles dixitais, teñan nos seus fogares un recordo con selo de #artesándecervo #artesádecervo."
 
O agasallo por participar nesta proposta (marcapáxinas, portabolis, estuches...) poderase recoller na Casa da Cultura a próxima semana, en horario de mañá.