O Concello de Cervo organiza un concurso de espantallos que terá lugar o 16 de abril no campo de fútbol de Río Cobo.

A delegación de Cultura programou para esta Semana Santa unha actividade novidosa para a rapazada. Trátase dun concurso de Espantallos, que terá lugar o vindeiro martes, 16 de abril, no campo de fútbol de Río Cobo, a partir das 17:00 horas.

Os participantes, de entre 6 e 14 anos, poderán traer todo tipo de roupa e recoméndase empregar materiais de refugallo na creación do espantallo.

Pola súa banda, o Concello aportará o pau, os guantes e diferente material para confeccionar o boneco.

As temáticas serán libres, e premiarase a orixinalidade e o esforzo creativo na elaboración dos mesmo.

Haberá premios para os mellores espantallos: 
1º premio: 100 euros para gastar nos establecementos do Concello
2º premio: 50 euros para gastar nos establecementos do Concello.

Os rapaces interesados en participar poden facelo na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 691 65 66 00.