O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido en San Cibrao o 12 de febreiro

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Cibrao, para o luns 12 de febreiro a partir das 17:00 horas.

Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.

A organización anima aos participantes a acudir disfrazados.