O Concello de O Valadouro organiza actuacións musicais, autocine e maxia durante o mes de agosto.

O Concello de O Valadouro organiza o programa Cultura na Rúa, que se desenvolverá durante o mes de agosto na praza a partires das 21:00 horas.

A axenda dará comezo o sábado, 1 de agosto, coas actuacións de Charo Pita e a Familia Papaventos e Paco Cerdeiras Pakolas.

O día 8 haberá o espectáculo de maxia Nicomaxias e a proxección da película Shazam.

O sábado 22 ofrecerán un concerto Acordeonistas da Mariña e proxectarase a película Padre no hay más que uno.

Ademais haberá dúas sesións de autocine, que terán lugar no aparcadoiro municipal ás 22:30 horas, o día 15 coa proxección de Grease e o día 29 con O que arde.

Todas as actividades cumprirán coas medidas e recomendacións de seguridade e saúde establecidas por mor da pandemia Covid-19.

A Deputación de Lugo colabora na organización deste programa.