O Concello de A Pontenova ofrece cursos de natación para nenas e nenos e adultos en xullo e agosto.

O Concello de A Pontenova ofrece cursos de natación para nenos e nenas (a partir de 4 anos) e adultos. Durante catro quendas diferentes a escoller entre 17-20 de xullo, 24-27 de xullo, 31-3 agosto e 7-10 de agosto poderán tomarse cursos de diferentes niveis. As clases de perfeccionamento serán de 12.30  a 13.15 horas, iniciación de 13.15 a 14 horas e adultos de 20 a 20:45 horas.

A inscrición é sinxela. O prazo para anotarse chega ata o vindeiro 14 de xullo e a información adicional poderá recibirse no bar da propia piscina ou no teléfono 686.665.277 de Óscar Ramallal. A cota será de 45 euros para toda a semana ou de 15 para quen só desexe inscribirse nunha xornada.