O Concello de Trabada organiza diferentes actividades culturais e familiares para o mes de agosto: teatro, música e deporte.

O Concello de Trabada organiza diferentes eventos para toda a familia durante o mes de agosto dentro da súa programación de verán. Ademais conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Por unha banda, terán lugar os Seráns culturais con tres actividades repartidas entre os días 14, 15 e 16 de agosto. Todas elas serán ás 18 horas na Praza do Concello. Tratarase da obra de teatro “Ghop!” da man de Teatro ó Cubo o luns 14 de agosto, Pakolas actuará con “Rockeando con Ramona Pequena” o martes 15 e Uxía Lambona e a banda molona traerá “Un soño é” o mércores 16.

Por outra banda, o sábado 26 de agosto a partir das 11:30 horas haberá actividades fluviais na Ría de Abres.