O Concello de Viveiro organiza un curso gratuíto sobre "Harmonía aplicada á composición". Será do 22 de febreiro ao 5 de abril.

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Educación e xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, organiza un curso de composición denominado “Harmonía aplicada á composición”, no marco do ciclo de cursos gratuítos. 

Esta formación será impartida por Ángel Soto Mosquera, profesor de composición do conservatorio viveirense, e diríxese a alumnos/as e profesores/as relacionados coa especialidade. 

Para a asistencia ao curso, esíxense uns coñecementos de harmonía mínimos de 4º de grao profesional.

As datas establecidas para celebrar a formación serán entre o 22 de febreiro ata o 5 de abril de 2021. A intención é alternar actividade presencial e telemática dependendo das necesidades e da situación sanitaria provocada polo COVID-19. 

O curso tratará diversos aspectos orientados á composición, intentado explorar novos puntos de vista na materia. Ademais, trataranse de investigar en profundidade tanto a harmonía tonal como as novas sonoridades explotadas polos compositores a partir do século XX ata os nosos días.

As prazas do curso son limitadas, puidendo os interesados/as solicitar información no enderezo electrónico: alumnosconservatorio@gmail.com