O Concello de Xove celebra os actos polo Día da Eliminación da Violencia contra a Muller os días 22, 25 e 27 de novembro.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparados e confirmados varios actos para conmemorar o Día da eliminación da violencia contra a muller.
 
O luns 22 de novembro haberá o taller “Violencia de Xénero no novo contexto dixital”,actividade concedida pola Secretaria Xeral de Igualdade e organizada pola Concellería Municipal de Igualdade en colaboración co IES Illa de Sarón, dirixida ao alumnado de Secundaria deste centro de ensino. 
 
O 25 de novembro, xoves, presentarase o Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero do Concello de Xove e o Calendario 2022 Pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, deseñado polos rapaces e rapazas participantes no taller de igualdade realizado no verán na OMIX.
 
E o sábado 27 de novembro celebrarase a entrega de premios do “I Concurso Tiktok pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero”. Será na OMIX ás 12:00 horas.