O Concello de Xove organiza un concurso de escaparates de Nadal. Haberá un único premio de 300 euros.

O Concello de Xove organiza un concurso de escaparates de Nadal, ao obxecto contribuír á promoción do comercio local, promover a creatividade dos establecementos e incentivar que os establecementos comerciais de Xove decoren os seus escaparates con motivos de Nadal de cara ás próximas festas, de maneira que sexan máis atractivos para a veciñanza e clientela, á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo na rúa.

Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos comerciais situados en Xove. A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello antes das 14:00 horas do día 9 de decembro. O tema debe gardar relación co Nadal. Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo. Os escaparates deberán estar preparados o día 9 de decembro ás 24:00 horas. Os establecementos enviarán unha única fotografía do escaparate ao seguinte enderezo: aedl@xove.es antes das 24:00 horas do día 9 de decembro. Se a persoa propietaria do establecemento cre necesario enviar máis dunha foto para a correcta visualización do seu escaparate deberá mandar todas as fotos en forma de collage. Os escaparates deberán estar suficientemente iluminados e en condicións de tal xeito que permitan ser vistos polo público durante toda a campaña de Nadal 

Haberá un único premio, de 300 euros. As fotografías enviadas serán subidas á páxina de Facebook “Emprego e Desenvolvemento Local Xove”. O escaparate gañador será o que resulte máis popular, é dicir o que maior número de “me gusta” obteña desde o 14 de decembro ata o 3 de xaneiro 2022 ás 24:00 horas.