O Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo ofrece ata o 27 de outubro 7 rutas para 160 persoas

O programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo ofrece esta semana 7 rutas diferentes para un total de 160 persoas que integran colectivos veciñais de Pantón, Vilalba, Lugo, As Nogais e Castro de Rei. Viaxarán polo territorio grazas a esta iniciativa de rutas gratuítas que puxo en marcha a institución provincial para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer tamén o turismo de proximidade.

Este martes a Asociación de Veciños de Marce, de Pantón, visita O Vicedo, Viveiro e Ourol. Logo dunha parada para coñecer o Pazo de San Marcos da man do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, puxeron rumbo á Mariña para percorrer lugares como a área etnográfica da Insua, a praia de Covas ou a fervenza da Xestosa. Pola súa banda, o Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto comezou a súa rutano Mazo de Santa Comba e seguiu viaxe para coñecer unha adega en Amandi, presenciar unha demostración de olaría tradicional na reitoral de Gundivós e acudirán a visitar un miradoiro sobre o Canón do Sil.

A asociación Xubila Lucus, de Lugo, e As Bulidoiras das Nogais viaxarán á Montaña e á Mariña respectivamente. Os primeiros pararán na produtora de Servizo de Audiovisuais da Deputación para logo visitar Piornedo e Navia de Suarna e coñecer unha fábrica de embutidos. As Bulidoiras coñecerán a Granxa Gayoso Castro que a Deputación de Lugo ten en Castro de Ribeiras de Lea e logo seguirán camiño cara Burela e Foz, para visitar o porto pesqueiro, o barco-museo boniteiro Reina do Carme, as praias focenses ou a basílica e o centro de interpretación de San Martiño.

O xoves, aasociación de Pantón O Piñeiro Santa María de Tuirizfará a mesma ruta que a veciñanza das Nogais o día anterior, cunha viaxe na que descubrir os recursos turísticos de Burela e Foz.
As últimas visitas da semana serán o venres, cunha ruta polo Saviñao e outra por Alfoz e O Valadouro. Os dous colectivos protagonistas pasarán polo Pazo de San Marcos antes de emprender viaxe. Por un lado, a asociación veciñal San JoséPolvorín das Gándaras porá rumbo cara a Ribeira Sacra, para coñecer o Ecomuseo de Arxeriz, o miradoiro Cabo do Mundo II, unha adega, o pobo de Belesar e a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño. Por outro, as mulleres da Xuntanza, de Castro de Rei, irán cara a Mariña a coñecer a fervenza do Pozo da Onza, no Valadouro, o domen de Santo Tomé ou a igrexa de Santa Cruz, visitar ao castelo de Castrodouro e á Finca Galea en Alfoz.

Durante a tempada de outono, dende setembro ata novembro, son máis de 1.230 persoas de 55 entidades da provincia as que percorrerán a provincia con este programa que a Deputación puxo en marcha co obxectivo de que a veciñanza coñeza mellor toda a riqueza patrimonial das distintas comarcas lucenses e dinamizar desta forma a economía local, sobre todo o turismo, a hostalería e o comercio. 

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.