O escritor Pablo Trabadelo presenta dous libros en Burela o 21 de marzo para celebrar o Día Mundial da Poesía.

Para celebrar o Día Mundial da Poesía o próximo luns, 21 de marzo, o escritor Pablo Trabadelo estará en Burela presentando os seus libros Navalla e Jaloffeim, primeiro para o alumnado do IES Monte Castelo e despois diante do público xeral na sala de usos múltiples do IES Monte Castelo ás 18:30 horas.

O cartel desta actividade foi realizado pola ilustradora Elena San Segundo.