O grupo de teatro A Adala Infantil representará o 16 de febreiro en San Ciprián "Que cousas pasan no Camiño".

A delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 16 de febreiro, a actuación do grupo de teatro A Adala Infantil, que poñerá en escena a obra titulada Que cousas pasan no Camiño. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, ás 19:30 horas.
A función está dirixida a todos os públicos.