O grupo de teatro de Ollomao presenta a súa nova obra "Pan con Chocolate" os días 11 e 12 de outubro nos colexios vellos de San Miguel de Reinante

O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta Pan con Chocolate, unha das novas obras que ten preparadas para este outono. As representación serán no local dos colexios vellos de San Miguel de Reinante o mércores 11 de outubro ás 20:30 horas e o xoves 12 ás 19:00 horas.

As entradas están á venda nos bares Moderno e Miramar, en San Cosme de Barreiros; no hotel restaurante Rías Altas, en San Pedro de Benquerencia; e en San Miguel de Reinante poden mercarse no supermercado e no bar A Dulcería.