O grupo O Centiño representará en Mor (Alfoz) o 18 de novembro "Zume de Amorodios". Deste xeito réndese homenaxe a Chiquito de la Calzada.

O grupo teatral O Centiño presenta este sábado, 18 de novembro, na parroquia de Mor en Alfoz, a súa última obra Zume de Amorodios. A representación terá lugar na Casa da Cultura e dará comezo ás 20:00 horas.

Trátase dunha comedia centrada no tema do amor, nas súas diversas idades e manifestacións.

Con esta representación o grupo de teatro O Centiño quere homenaxear a Chiquito de la Calzada a quen, tras o seu falecemento, por parte dalgúns sectores pediuse que se nomeara Conde Mor.

Esta actividade está encadrada dentro do Outono de teatro que cada ano organiza o Concello de Alfoz.