O músico Magín Blanco presentará o seu último traballo "Camiños" o 3 de febreiro na Librería Bahía, en Foz.

Este sábado, 3 de febreiro, ás doce da mañá, estará na Librería Bahía o músico Magín Blanco presentando o seu último traballo “Camiños”.

Trátase dun libro disco para público infantil. As ilustracións son de Leandro Lamas. O libro, ademais das letras das cancións e as ilustracións de Leandro Lamas, inclúe textos –contos e poemas- de escritores da talla de Ledicia Costas, Antonio García Teijeiro, Anxos Sumai, María Lado, Victor Freixanes, Francisco Castro, Paula Carballeira, Marta Somoza e Carlos Meixide. Todos eles autores de primeira liña da literatura galega infantil e tamén de adultos.

Os textos complementan as letras das cancións e danlle unha dimensión literaria importante a este traballo de Magín Blanco.