O Xoves Santo celébrase en Xove a XIX Festa do Polbo en oito establecementos hostaleiros da localidade.

O 6 de abril, día de Xoves Santo, a partir das sete da tarde celebrarase a XIX edición da Festa do Polbo en 8 establecementos hostaleiros de Xove: Bar Pepe, Cafetería  A Roda, Pulpería Bar Cociña, O Cabaliño, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica. O prezo de cada ración de polbo é de 14 euros.

Este evento gastronómico, que será amenizado polo grupo de gaitas da Asociación Cultural Saiñas, conta coa colaboración e o patrocinio do Concello de Xove.