A obra Oceanía, que interpreta o famoso actor Carlos Hipólito, representarase en Ribadeo o 10 de decembro.

A obra Oceanía, que interpreta o famoso actor Carlos Hipólito, representarase en Ribadeo o día 10 deste mes, sábado, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Esta peza teatral é o testamento artístico e vital do prestixioso director Gerardo Vera, falecido de coronavirus en 2020. 

As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).

O actor madrileño Carlos Hipólito leva máis de 40 anos sobre os escenarios e ten unha amplísima traxectoria en teatro, cine e televisión. Leva 20 anos sendo o narrador da exitosa serie de TVE Cuéntame cómo pasó, na que ademais interpretou o papel de Carlos Alcántara adulto en 14 episodios emitidos en 2021.

En teatro Carlos Hipólito representou aos autores más importantes (Lope de Vega, Shakespeare, Lorca, O’Neill, Tirso de Molina, Pirandello, Brecht, Schiller, Valle Inclán, Calderón, Moliere, Tolstoi, Mamet, Arthur Miller, etcétera) da man de directores como Miguel Narros, José Carlos Plaza, Lluis Pasqual, Adolfo Marsillach, Pilar Miró, Jaime Chavarri, José María Flotats, Mario Gas e Gerardo Vera entre outros. Formou parte en diversas ocasións de compañías institucionais como o Centro Dramático Nacional ou a Compañía Nacional de Teatro Clásico. O seu traballo como actor de teatro foi recoñecido con numerosos premios: o Ricardo Calvo, do Ayuntamiento de Madrid (en dúas ocasións); o Ojo Crítico, de Radio Nacional; o da Unión de Actores (en oito ocasións); o Valle‐Inclán; o Max (en tres ocasións); o Fotogramas de Plata ou Premio Nacional de Teatro José Isbert, entre outros. En 2005 foille concedido o Premio de la Cultura de la Comunidad de Madrid pola súa traxectoria teatral. En 2018 recibiu o Premio Corral de Comedias do Festival Internacional de Almagro pola súa contribución ao teatro Clásico. E en 2020 o Ministerio de Cultura concedeulle a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes.

En cine participou en 30 películas con directores como Carlos Saura, Mario Camus, Pilar Miró, Mariano Barroso, Miguel Hermoso, Gerardo Vera e José Luis Garci, entre outros. Polo seu traballo como actor no cine recibiu varios premios, entre eles o Francisco Rabal, da Semana de Cine de Murcia; a Palmera de Plata, do Festival de Elche, o Luis Ciges, do Festival de Islantilla; e unha nominación ao premio Goya no ano 2003 por Historia de un beso, de Garci.

En televisión, ademais da súa destacada participación en Cuéntame cómo pasó, estivo en máis de 40 producións, moitas delas series como Desaparecida (TVE), Guante blanco (TVE), La duquesa (Tele5), Vis a vis (Antena3) o Caronte (Tele5), entre outras. Polo seu traballo como actor en  televisión recibiu o premio da Unión de Actores en dúas ocasións e tres nominacións aos premios da Academia de Televisión, como mellor actor protagonista polas series Desaparecida, Guante blanco e Vis a vis.

O coautor da obra, José Luis Collado, explica que “Oceanía es el testamento artístico y vital de Gerardo Vera. Es el último proyecto que parió antes de que el coronavirus se lo llevara prematuramente, y sin duda el más ilusionante de los miles de trabajos realizados a lo largo de su medio siglo de carrera en pantallas y escenarios. Oceanía es el recuerdo de una vida apasionante. Es el retrato de un país y de una época. Es la mirada otoñal de un hombre excepcional que un buen día sintió la necesidad de poner negro sobre blanco la historia de su vida. Cientos de páginas en las que plasmó sin pudor una realidad tamizada por el velo del recuerdo: su infancia privilegiada, la dolorosa ruina de su familia, el nacimiento de su eterno amor por el cine, el descubrimiento del amor, el desgarro del desamor, el compromiso político, el odio al padre, la reconciliación a través de la compasión. Y el germen del teatro, su verdadera pasión que le acompañó hasta sus últimos días. Oceanía es el resultado de la destilación de esas páginas en forma de monólogo. Es un texto en el que Gerardo y José Luis Arellano trabajaron mano a mano durante meses, y cuyo resultado final, este que aquí presentamos, le llenaba de orgullo. Oceanía es un sincero y profundo homenaje póstumo de su familia teatral, encabezada por Carlos Hipólito, que con gran generosidad se mete en la piel de Gerardo sin Gerardo, y José Luis Arellano, que recogió el testigo de su maestro y amigo para terminar lo que él había empezado”.