Ollomao representará na Casa da Cultura de Burela "Enciclopedia Álvarez". Será o 1 de febreiro ás nove da noite.

O colectivo cultural Ollomao representará este sábado, 1 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela a obra Enciclopedia Álvarez.  Será ás 21:00 horas e  o prezo da entrada é de 5 euros.

Enciclopedia Álvarez é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda deseducación da escola franquista. É unha invitación ao sorriso, sobre todo porque nos fala dun pasado aparentemente afastado da nosa realidade actual.

A obra, dirixida por Ramón Casas Oroza, foi a gañadora do premio Conde Santo á mellor representación no I Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá en outubro de 2017; e recibiu o premio ao Mellor Actor Protagonista para Juan de Culán, e á Mellor actriz protagonista para Marisa Freire. Tamén foi a obra gañadora á mellor montaxe nos XXI Encuentros Teatrales IES Elisa y Luis Villamil-Memorial Félix Menéndez de Vegadeo, en febreiro de 2018; e foi seleccionada para participar, entre outros, no Certame Internacional de Teatro Afeccionado EstenaRúa-Ferrol 2018.