Os días 7 e 8 de outubro terá lugar un campamento de outono en Alfoz. Está organizado por Chao de Castro Altair.

Os días 7 e 8 de outubro celebrarase o Campamento de Outono no Pereiro, en Alfoz, organizado por Chao de Castro Altair de Burela.

A actividade está dirixida a nen@s de 7 a 14 anos e abarca dende música, ata cociña pasando por sendeirismo, animais e lecer ao aire libre. O prezo para os non soci@s de Altair é de 28 euros, e inclúe transporte, comida, material, seguros e póliza de accidentes ademais da cota do mes de outubro para quen queira continuar na asociación. O prazo para anotarse remata o 6 de outubro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 685 325 153 (Bruno-educador), 659 737 312 (Fátima-educadora) e 639 669 134 (Geno-nai representante das familias asociadas, o una dirección de correo chaodecastro.altair.burela@gmail.com.