Os Reis Magos visitarán aos maiores da residencia San Bartomeu, en Xove, antes de participar na cabalgata.

A Cabalgata de Xove vai comezar ás 19:00 horas, saíndo da nave-almacén do Concello (ao carón do Campo Municipal) e rematará, coma sempre, no Pavillón de Deportes.

Os Reis, antes da Cabalgata, farán unha visita previa aos maiores na Residencia San Bartomeu.

Para rematar, unha vez finalizada a Cabalgata,  todos os participantes poderán disfrutar de música cunha Disco-Móbil no Pavillón.