Pablísimo presenta "O arquivo do Chibo" o 30 de decembro en O Valadouro. A función está dirixida ao público familiar.

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro continúa coa súa programación de Nadal coa actuación de Pablísimo que presenta O arquivo do chibo. A función, dirixida ao público familiar, terá lugar este xoves, 30 de decembro, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro. 

O arquivo do chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os sete cabuxos e o lobo. Presenta cantigas de lobos esfameados, fábulas de cameiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras e moita cachifallada.