Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola Ruta das Xanas en Quirós (Asturias). Será o 3 de febreiro.

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 3 de febreiro, a Ruta das Xanas por Quirós, en Asturias.

A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela, e a ruta ten 8 quilómetros de percorrido cunha dificultade baixa segundo informa a organización.

O prezo para os socios é 20 euros e 25 para os non socios, e inclúe autobús, comida e seguro.

Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráfica Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do 1 de febreiro ás 20:00 horas.