Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta de sendeirismo entre O Cádavo e Castroverse. Será o 27 de outubro.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta de O Cádavo a Castroverde o vindeiro domingo, 27 de outubro.

A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.

As persoas interesadas poden anotarse ata o xoves 24 ás 14:00 horas en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504.

O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o seguro e a comida nunha caseta da feira de Castroverde.

A organización informa que a ruta de 8 quilómetros ten un nivel de dificultade baixo.