A programación cultural de Burela para novembro inclúe teatro, a estrea dun documental e a actuación de David Amor.

A programación cultural de Burela para novembro inclúe varias representacións teatrais, a actuación de David Amor e a estrea do documental Honra. Debido ás novas restricións que aplicará a Xunta de Galicia desde o vindeiro sábado, 7 de novembro, haberá redución de aforo para asistir a todas estas actividades. 

O vindeiro domingo, día 8, Ibuprofeno Teatro representará a obra O mel non caduca. Será no Auditorio Municipal ás 19:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O sábado 14 David Amor presentará o seu monólogo Love está en el aire. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O sábado 21 a compañía Teatro Andanzas porá en escea a obra Olvida los tambores. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. E o domingo 22 tamén no Auditorio Municipal terá lugar a estrea do documental titulado Honra de Xabi Piñeiro e Breixo Llano.

Finalmente o sábado 28 Chévere Teatro representará As fillas bravas e o mito de Casandra. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e  prezo da entrada é de 4 euros.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que “no Auditorio Municipal se aplicarán as normativas en vigor en cada momento” e lembra que “haberá que levar máscara e hixienizar as mans, tal e como se ven facendo desde a chegada do covid ás nosas vidas”. 

Colaboran na organización destes eventos: Xunta de Galicia, Agadic, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 2021.