A programación de Nadal da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega o 3 e o 4 de xaneiro a Viveiro e á Pontenova.

A programación de Nadal organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo pecha esta semana con actividades en Carballedo, Lugo, A Pontenova, Viveiro e Cospeito.

O campo da feira de Castro de Carballedo (17.00 horas) e a escola de Pías, en Lugo, (20.00 horas) reciben mañá martes a visita da “filla do Apalpador”, un contacontos musicado no que a narradora Antía Vázquez e o músico Andrés Espiñeira falan ás crianzas desta personaxe tradicional de Nadal e da súa historia. 

O espectáculo, co que a área de Cultura trata de afianzar a presenza de tradicións propias na representación do Nadal, pecha con estas dúas funcións a xira que iniciou o pasado 13 de decembro, pasando polos concellos de Portomarín, Guntín,  Chantada, Triacastela, Ourol, Alfoz, Ribadeo, O Incio, Lugo, Pantón, Sarria, O Páramo, Sarria, Samos, A Pastoriza, Begonte, Pol, A Fonsagrada, O Saviñao, Riotorto, Lourenzá , Vilalba e Antas de Ulla.

Como ven facendo ao longo do ano, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora  con concellos e asociacións para ofrecer actividades culturais, centrándose nestas datas en propostas para público infantil e familiar, con The Piccole Theatre de Trécola Producións, unha obra de marionetas na que a maxia dos fíos converte un pequeno teatro nun desfile de artistas de rúa que mostran os máis variados números.

Trécola Producións estará martes na Praza Maior de Viveiro (12.30 horas), mércores na Casa da Cultura da Pontenova (19.00 horas) e xoves na escola de Pino, en Cospeito (17.00 horas).