Rinlo acollerá o 29 de xuño un espectáculo musical e visual a cargo de Queiman e Pousa. Está organizado por Acisa en colaboración coa Xunta.

Mañá, venres, pola noite Acisa en colaboración coa Xunta de Galicia organiza un espectáculo en Rinlo “co fin de dinamizar algunhas parroquias tan importantes coma esta, que conta cuns establecementos hostaleiros e gastronómicos de grande categoría como son A Cofradía, El Portillo, A Mirandilla ou Porto de Rinlo”, sinala o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.  

A partires das 22:30 horas na praza de San Catalina haberá un espectáculo musical e visual a cargo de Queiman e Pousa. Os que se acheguen ata Rinlo gozarán dunha noite máxica e sorprendente, na que se exaltará a súa gastronomía, a paisaxe e a tradición. 
Iriarte anima “a todo o mundo a asistir a este espectáculo e a non perder a oportunidade de consumir e cear nos catro establecementos asociados a Acisa cos que contamos en Rinlo”.

E engade: “desde Acisa xa traballamos en novas actividades para seguir dinamizando Rinlo e outras zonas ás que ata o de agora non chegaramos”.