Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas polas Rías Baixas. Será do 29 de abril ao 1 de maio. Tamén visitarán Ribadavia.

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organizan este mes de abril unha fin de semana de andainas polas Rías Baixas.

O sábado, 29 de abril sairán de Lourenzá ás 6:15, para dirixirse ata as Illas Cíes, onde pasarán a xornada realizando andaina no entorno. 

O domingo, 30 de abril, a ruta escollida comezará despois dunha visita a unha adega da zona, e levaraos ata o Monte Aloia, onde xantarán un picnic. Pola tarde, completarán as actividades do día coa visita á fábrica de chocolate Antoxo e cafés O Noso.

Finalmente, e aproveitando o festivo do luns, 1 de maio, desprazaranse ata Ribadavia, onde gozarán dunha xornada na Feira do viño do Ribeiro; para, xa pola tarde, regresar a Lourenzá.

Xa está aberto o prazo de inscrición (ata o xoves, 20 de abril como data límite) para anotarse e facer consultas sobre a viaxe, nos teléfonos 636 49 64 48 (Marifé) e 619 82 87 84 (Pura).

O prezo é de 120 euros para socios e 140 para non socios, e no mesmo inclúese:  
- Autobús de ida de volta dende Lourenzá
- Comida do domingo (picnic no Monte Aloia)
- Ceas do sábado e do domingo
- Almorzos do domingo e o luns pola mañá
- Aloxamento das noites do sábado e o domingo
- Paseo no barco de ida e volta ás Illas Cíes