Xa están á vendas as entradas para o concerto que a gaiteira Susana Seivane ofrecerá en Ribadeo o 23 de febreiro.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo anuncia que xa se poden mercar as entradas para o concerto que ofrecerá Susana Seivane o 23 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro. A actuación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, ás 21:00 horas.

O prezo das entradas é 10 euros máis gastos en anticipada e 12€ na billeteira. As entradas están á venda en www.eventbrite.es e o día do concerto, a partires das 20:00 horas, na billeteira.