Xove acollerá o Campionato de España de Bolo Celta na categoría de veteranos os días 10 e 11 de setembro.

Este vindeiro fin de semana, 10 e 11 de setembro, celebrarase nos campos de bolos de Sumoas e de Lago o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA  na súa categoría de veteranos.

Para este campeonato vanse desprazar unha treintena de xogadores de toda España, maiormente de Asturias, Madrid e Galicia.

Preveese un gran nivel, xa que ainda que todos os xogadores son maiores de 58 anos, hai alguns que manteñen un nivel competivo impresionante e todavía dan guerra nos campeonatos de España senior.

Contarase coa presencia de varios xogadores que foron campeons de España en categoría senior e incluso co campeón olímpico en Barcelona 92 (os bolos foron deporte de exhibición nestas olimpiadas).

O sábado xogaranse o campeonato individual das categorías de Veterano (de 58 a 65 anos) e de Superveteranos (mais de 65 anos )

O domingo pola mañan xogarase o campeonato de parellas, as  cales sairán dun clasificatorio que se fará o sábado para escoller as 8 mellores.

O club de Bolos Xove participa enste Campionato  con 4 xogadores (3 en veteranos e 1 en superveteranos)