Xove homenaxeará o 6 de marzo ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cunha homenaxe  ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma. 

Este acto vaise celebrar o sábado, 6 de marzo, ás 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.