O CONCELLO DE FOZ CELEBRA O MES DA MÚSICA PARA CONMEMORAR A FESTIVIDADE DE SANTA CILLA CON TRES CONCERTOS.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz celebra o mes da música para conmemorar a festividade de Santa Cilla con tres concertos.

A primeira desas actuacións será este venres, día 14, ás 20 horas na Casa da Cultura e correrá a cargo da Big Band de Foz.  A segunda será o sábado 22 ás 20 horas na Sala Bahía e actuará a Banda de Música de Foz e a terceira terá lugar na Casa da Cultura o venres 28 ás 20 horas a cargo da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo).