O grupo Arifi actuará o 7 de agosto no Eido Dourado, en Barreiros, dentro da programación dos Concertos ao Solpor, que están a ser un éxito.

O grupo Arifi actuará o 7 de agosto no Eido Dourado, en Barreiros, dentro da programación dos Concertos ao Solpor, que están a ser un éxito.
 
O grupo Arifi ofrecerá un concerto este domingo, día 6, nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, a carón da praia da Pasada, dentro do ciclo Concertos ao Solpor.
 
Celso Dourado comentou que “Arifi está composto por xente como a súa voz Iria Estévez, que provén de En clave de Fado, ou Vadim Yukhnévich, que provén de distintos grupos entre eles a Banda Crebinsky. Uníronse para crear unha formación, para crear un proxecto e beben un pouco da música étnica sobre todo de raíz árabe.
 
O artista barreirense dixo que “é un proxecto cunha posta en escena moi bonita e moi agradable, non vai defraudar porque os músicos son tremendamente representativos do panorama actual do noso país galego”.
 
Celso Dourado convida “a que todas as persoas que queiran velo se acheguen polo Eido Dourado este domingo porque non van decepcionar. Se o tempo nos axuda unha vez máis a noite será realmente preciosa”.
 
O promotor do Eido Dourado subliña que o concerto comezará “entre 22:00 e 22:30 horas dependendo da luz do día. Sempre aproveitamos cando cae o sol, cando o sol se mete, simplemente pola luz que transmite e combinamos a luz natural coa luz artificial dos xardíns, entonces creas un ambiente determinado que fai que a música entre de outra maneira co mar de fondo soando”.
 
Celso Dourado asegura que “é un espectáculo que está tendo unha gran acollida e realmente fermoso”. O pasado domingo, 31 de xullo, un espectáculo de flamenco logrou reunir a máis de 200 persoas nos xardíns do Eido Dourado.