O quinteto Zoar presenta o 24 de abril en Mondoñedo o seu novo disco, que leva por título "No vento".

O quinteto Zoar presenta o 24 de abril en Mondoñedo o seu novo disco, que leva por título "No vento".
 
Este domingo, día 24 de abril, ás 20.00 horas, o quinteto Zoar presentará no auditorio “Pascual Veiga”  o seu novo disco. O traballo, cuxos arranxos estiveron a cargo de Juan Durán, leva por título “No vento”. No acto os integrantes do quinteto Zoar interpretarán algunhas das obras que forman parte deste traballo.
 
O disco inclúe un variado repertorio que vai dende Martín Codax (en cuxos premios o quinteto é finalista) ata música do grupo Milladoiro. 
 
O quinteto Zoar fórmano Joan Ibáñez (flauta), David Vila (oboe), Antonio Suárez (clarinete), Benxamín Igrexas (trompa) e Álex Salgueiro (fagot). Iniciou o seu andadura en 2009, actuaron nos principais escenarios galegos e colaboraron con Manuel Rivas, Títeres Cachirulo ou Monicreques de Kukas en actuacións nas que estes músicos buscaron a interacción con outras disciplinas.
 
Dáse a circunstancia de que non é a primeira vez que o grupo visita a cidade de Mondoñedo onde, dende o primeiro momento quedaron entusiasmados coa acústica deste recinto e foi no Auditorio “Pascual Veiga” onde se gravou este disco.