O "Tango" soará este domingo, 21 de febreiro, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros.

O "Tango" soará este domingo, 21 de febreiro, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros.
 
O espectáculo "Tango" porase en escena este domingo, día 21, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.
 
O grupo Nova Poesía ofrecerá este espectáculo de audición musical no que versionará famosos tangos dentro do panorama histórico-musical. Este grupo está integrado por profesionais da música que interpretarán as pezas á guitarra, bandurria e rapsodia.
 
O concerto que terá lugar este domingo, día 21, comezará ás seis e media da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.
 
Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil.