Os días 4 e 5 de decembro celébrase en Riotorto a 1ª Ruta de Tapas. Os que acodan a gozar desta cita gastronómica participarán nun interesante sorteo de premios.

Os días 4 e 5 de decembro celébrase en Riotorto a 1ª Ruta de Tapas. Os que acodan a gozar desta cita gastronómica participarán nun interesante sorteo de premios.
 
Organizada polo Concello de Riotorto terá lugar os días 4 e 5 de decembro a 1ª Ruta de Tapas. Os locais participantes son: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Bar DRS e Café Bar Al Volante. 
O prezo das tapas será de 1,50 euros. Todas as persoas que acodan a gozar desta proposta gastronómica entrarán no sorteo dun premio de 200 euros, outro de 100 euros, un vale de 50 euros de Confitería Irma, un vale de 50 euros de Cárnicos O Mazo e outro vale de 50 euros de Panadería Carteire. 
As tapas serviranse en horario de noite de 19 a 23 horas.