Os venres ata xuño segue o "Xove de tapeo", organizado pola Aciam coa colaboración do Concello.

Os venres ata xuño segue o "Xove de tapeo", organizado pola Aciam coa colaboración do Concello.
 
Xove de Tapeo seguirá este venres, día 26, como todos os venres deste mes de febreiro. Esta iniciativa organizada pola ACIAM de Xove continuará os venres dos meses de marzo, abril, maio e xuño. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Xove. 
 
As tapas ao prezo de dous euros sérvense a partires das oito da tarde en nove establecementos da localidade. Estos son Terramar, Centro Social Palmeiro, A Roda, Centro Cívico, O Refugio, Rincón de Nuria, Bar Cociña, A Fuga e Onde Sempre. O último venres de cada mes sortéanse 300 euros polo que os establecementos participantes invitan a todos a que pidan a súa tarxeta e participen nese sorteo.