Ribadeo será escenario dun curso federativo de monitor de fútbol base. Ofértanse 35 plazas e a inscrición está aberta ata o 1 de abril.

Ribadeo será escenario dun curso federativo de monitor de fútbol base. Ofértanse 35 plazas e a inscrición está aberta ata o 1 de abril.
 
Ribadeo acollerá nas vindeiras semanas a celebración dun curso federativo de monitor de fútbol base, que foi presentado esta tarde no Concello polo edil de Deportes, David Rivas, polo director da Escuela Gallega de Entrenadores, Manuel Mosquera, por un representante da directiva da SD Ribadeo, Francisco José Muíña, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López. 
 
Na súa intervención Manuel Mosquera dixo que “Francisco José Muíña, representante de la directiva de la Sociedade Deportiva Ribadeo, es el creador de la iniciativa. Es el segundo curso de este tipo que se hace en Ribadeo y el anterior, que se celebró hace dos años, fue un éxito porque hubo 28 participantes”.
 
Mosquera señalou que “es válido hasta categoría juvenil local, son 65 horas y el precio son 150 euros. Pueden asistir personas con edades desde 16 hasta 60 años. Lo que queremos es formar para que el encargado del club correspondiente pueda poner un entrenador con el que los niños trabajen de forma correcta en el aspecto físico y mental, que es algo importantísimo”. E tivo palabras de agradecemento para o Concello ribadense “porque es un sitio maravilloso para nosotros, en el que nos gustaría estar mucho más tiempo y con mucha más gente, pero a veces no es fácil. El comportamiento es siempre excelente y el aula es una pasada en un pabellón que es algo increíble; a mí me encanta. El sitio es magnífico y espero que a la gente que participe esta vez que le guste mucho”.
 
Pola súa banda o concelleiro de Deportes, David Rivas, manifestou: “penso que o agradecemento debe ser mutuo e por parte do Concello queremos recoñecer e dar as grazas tanto á SD Ribadeo como á Federación Galega de Fútbol por brindarlle a Ribadeo esta oportunidade de poder formar adestradoras e adestradores de fútbol base”.
 
O edil nacionalista asegurou que “nosoutros sempre intentamos mostrar a nosa implicación co deporte de base e parécenos que esta é unha moi boa oportunidade dada a enorme canteira que hai en Ribadeo, practicamente en todos os deportes pero no caso concreto do fútbol é enorme. Que mellor que poder formar adestradores locais para poder levala adiante”.
 
En total ofértanse 35 prazas para este curso federativo de monitor de fútbol base en Ribadeo. A inscrición está aberta ata o vindeiro 1 de abril.