Turbeira

23/04/2026

Os segredos da Arealonga e o título da charla coloquio que terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante este sábado, día 25 de abril, ás 18:00 horas. Falarán sobre os novos estudos sobre a turbeira desa praia do municipio de Barreiros as investigadoras Aurora Grandal D'Anglade (paleontóloga e directora do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, da Universidade de Santiago de Compostela, e do Laboratorio de Paleontoloxía Molecular) e Gloria González Fortes (bióloga especializada en xenética e restos humanos antigos, que dirixe o Laboratorio de ADN Antigo do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal).

É un acto organizado polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, coa colaboración do Concello de Barreiros.

 

Etiquetas:
17/05/2017

Os segredos da turbeira da Arealonga é o título da charla programada para este sábado, 20 de maio, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante en Barreiros, ás 18:00 horas.

Esta charla corre a cargo de Aurora Grandal quen falará sobre a turbeira da praia de Arealonga así como dos restos óseos de fauna que foron aparecendo neste lugar nos últimos anos.

Aurora Grandal é profesora de Paleontoloxía do Instituto Isidro Parga Pondal da Universidade de A Coruña.