Forestal
Ribadeo acollerá o día 16 de outubro, venres, o I Encontro Forestal do Noroeste, no que diferentes expertos analizarán o presente e o futuro do sector.
O alcalde, Dani Vega, anunciou que “Ribadeo vai acoller o primeiro Encontro Forestal do Noroeste. Queremos analizar un sector que está causando un impacto positivo no territorio, en toda a comunidade galega, tamén analizar o sector en Ribadeo e contamos coas dúas administracións, tanto o Principado de Asturias como a Xunta de Galicia, e tamén distintas entidades como Lugo Madera, Ence e o Concello de Ribadeo, que é o que acolle e recibe este foro”.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para o Centro Pedro Murias: “por seguir avanzando na análise, na investigación e nos retos nos que todos debemos traballar para que o sector forestal siga medrando. Hai que...
leer másO Concello de Cervo conmemorará o Día Mundial Forestal o vindeiro xoves, 21 de marzo, con diferentes actividades.
Pola mañá, a Delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, achegará ao alumnado dos centros escolares da localidade o espectáculo musical "O galo quirico e os seus amigos", unha posta en escena con marionetas tradicionais e teatriño de cartón que busca interactuar co público, con música en directo do acordeonista Carlos Quintá.
Xa para pola tarde, e en colaboración coas Concellerías de Xuventude (oficina municipal de voluntariado) e Servizos Sociais, programouse unha actividade de voluntariado que se desenvolverá no Centro de Día Residencia, e que consistirá nunha plantación de árbores na zona axardinada do centro na que participarán tamén as persoas usuarias do servizo.
... leer más




