Gratuítas

29/06/2026

Este luns, 29 de xuño, foi presentada unha nova edición das rutas gratuítas guiadas por distintos puntos da xeografía do municipio de O Vicedo. Á presentación asistiron o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo Martínez, e Boris Vilar, representante da empresa Rutas Galicia Norte, que será a encargada de executar este proxecto.

O Concello de O Vicedo explica que “na presentación indicouse  que estas rutas tratan de mostrar as cualidades de diferentes zonas do municipio desde o punto medioambiental, xeolóxico, histórico, etcétera; e son presentadas en formato ruta guiada, pausada e grupos pequenos, para practicar un turismo tranquilo amosando diferentes lugares especiais da contorna como a Ruta do Río Sor (ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo), a ruta pola praia de San Román e Moutillós (onde se celebra a Romaxe...

leer más
04/04/2022

A Concellaría de Mocidade organiza unhas xornadas lúdicas que se desenvolverán os días 11 e 12 de abril no parque San Francisco destinadas a nenxs e rapazada entre as 16:30 e as 19:30 horas. Trátase de actividades gratuítas e rotatorias para as que non fai falla inscribirse. Haberá inchables, pista de slot e de skate park, xogo de escapismo, karaoke, máquina de pompas e obradoiros. 

A edil Mariluz Álvarez Lastra comentou que “dende a Oficina de Información Xuvenil, da Área de Mocidade do Concello de Ribadeo, queremos dar información das actividades que nestes días de lecer que van ter as nosas rapazas, rapaces e os nosos nenos e nenas xunto coas súas familias o luns 11 e o martes 12”.

A concelleira ribadense explicou que “nesta ocasión retomamos, como sempre víñamos facendo, actividades ao aire libre, que se van...

leer más