San Fernando
O alcalde de Trabada, Rubén García, xunto cos membros da asociación Cabaleiros de Trabada, presentaron o cartel dunha nova edición da celebración de San Fernando, que terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio na Capela de San Fernando, en Valboa.
Este evento, organizado conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación Cabaleiros de Trabada, “volve apostar pola recuperación e posta en valor das tradicións locais, cunha xornada completa de actividades para todos os públicos.
A programación dará comezo ás 9:30 horas coa saída a cabalo desde o pavillón municipal ata a capela de San Fernando. Ás 12:00 horas celebrarase a misa e procesión, acompañada de gaitas, e a continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada por The Sound Project. Ao longo da xornada tamén haberá exposición de gando cabalar, degustación...
leer másO Concello de Trabada organiza unha nova edición da tradicional celebración de San Fernando, que terá lugar o venres 30 de maio na capela de San Fernando (Valboa). A xornada incluirá misa, encontro campestre e actividades para todos os públicos, “mantendo viva unha das citas máis emblemáticas da zona”.
“O evento dará comezo ás 12:00 horas coa misa na capela, seguida dunha comida campestre no recinto cuberto cunha carpa. O menú incluirá empanada, croquetas, xamón cocido, paella, sobremesa con tarta de Santiago, bebida e café. O prezo será de 22 euros para adultos e 12 euros para nenos/as. Tamén se habilitará estacionamento para cabalos, mantendo así o costume de acudir a cabalo, como se facía antigamente. As entradas estarán dispoñibles ata o luns 26 de maio nos seguintes establecementos colaboradores: Mesón Camiño Norte, Taberna da...
leer másO vindeiro 30 de maio o Concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando.
A programación para esta xornada será a seguinte:
- Ás 12:00 horas misa na Capela de San Fernando en Valboa.
- Dende as 12:00 horas exposición de gando.
- Ás 14:00 horas comida campestre servida polo Catering Chao dos Navais. A venta dos tickets será ata o 21 de maio nos locais de hostalería do Concello.
Toda a xornada estará amenizada polo Cuarteto Illa Pancha.
Desde o Concello sinalan: “agardámosvos a todos e a todas para desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do noso concello e tamén de concellos limítrofes”.





