Mecano

16/07/2026

Ribadeo celebrará as festas do Carme esta semana, venres 17 e sábado 18 de xullo, na zona portuaria de Porcillán. Entre os actos previstos destaca a actuación de Fábula, tributo ao mítico grupo Mecano.

As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas con verbena amenizada polo grupo Pekados e o DJ Brais GZ.

E o sábado ás 13:45 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Fortuna. Ás 19:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa da Atalaia. E despois, procesión coa imaxe da Virxe do Carme dende a Atalaia ata o porto de Porcillán, para realizar a procesión marítima. Irá acompañada pola agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, de Burela, que fará un concerto durante a procesión marítima para a xente que non poida embarcar e de volta ó porto tocará a Salve Mariñeira. A procesión marítima irá acompañada polo...

leer más
Etiquetas:
11/03/2024

“Hija de la Luna”, homenaxe a Mecano estará en Burela o 13 de abril ás 21:00 horas. 

As entradas para o evento poden ser adquiridas en https://www.entradasatualcance.com/tickets-hija-de-la-luna-homenaje-a-me...

O tributo a Mecano 'Hija de la Luna' nace en 2016 en Sevilla, liderado pola vocalista Robin Torres, para replicar con total fidelidade os concertos dos madrileños case 3 décadas despois da súa última xira.