Mariña

Etiquetas:
08/05/2026

Este xoves, 7 de maio, presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputa esta fin de semana coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, principal patrocinadora da proba.

A Vicepresidencia da Deputación explica que “o rally, que foi gañando participantes e afección de forma sostida ao longo dos anos, alcanza nesta edición unha participación record, con 128 pilotos inscritos. As estradas do Vicedo, Xove e Cervo acollerán os tres treitos cronometrados da proba, que se disputarán en tres pasadas ao longo da xornada do sábado".

O deputado provincial Daniel García e o responsable de Mix Rally Sport Ignacio Dávila presentaron o rally nun acto que contou con representantes municipais e con pilotos locais.  O deputado mariñao valorou esta participación comarcal como “un dos aspectos máis destacados da
...

leer más
Etiquetas:
06/08/2025
Desde Mariña Patrimonio explican: “sábese que a minería do ouro tivo un protagonismo moi destacado na historia da nosa terra, como o demostran o gran número de xoias atopadas e os numerosos vestixios de explotacións mineiras da época galaico-romana na comarca da Mariña”.
 
Mariña Patrimonio propón unha actividade para revivir estas prácticas ancestrais a través de dúas experiencias en vivo, “nas que poderás aprender técnicas tradicionais relacionadas coa procura de ouro e como facer lume, como se facía na antigüidade”, engaden.
 
Bateo de ouro, con Francisco Canosa, xeólogo e recoñecido divulgador da xeoloxía galega, que iniciará aos asistentes na busca deste metal precioso a través de métodos tradicionais.
 ...
leer más