Trofeo
O estadio municipal ribadense Pepe Barrera acollerá este domingo, día 6 de setembro, ás 18:00 horas o Trofeo de Fútbol Festas Patronais que disputarán o Ribadeo FC e o CF Cire de Melide.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anuncia que “este fin de semana, el domingo a las 6 de la tarde, en el estadio municipal Pepe Barrera, tendremos la cuadragésimo tercera edición del Trofeo Festas Patronais. Para el Concello es un honor que este Trofeo tan longevo se siga celebrando de la mano, eso sí, de la Comisión de Fiestas de Ribadeo”.
E explicou que “en esta ocasión el Ribadeo FC se medirá al Cire de Melide, uno de los aspirantes al ascenso a la división Preferente del fútbol gallego. Estamos muy orgullosos de poder disfrutar de este trofeo Festas Patronais y os esperamos a todos en el estadio Pepe Barrera...
leer másO vindeiro 21 de agosto ás 19:00 horas terá lugar no estadio municipal Pepe Barrera o II Trofeo de Fútbol Illa Pancha, que disputarán o Rayo Ribadeo e Asociación de Veteranos de Vegadeo. A entrada é gratuíta.
A cita está organizada polo Rayo Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello ribadense. Na presentación do evento xuntos aos equipos participantes estivo o edil de Deportes, Francisco José Silvent, que anima “ás veciñas e veciños de Ribadeo e de Vegadeo a acudir este venres ao Pepe Barrera a disfrutar dunha tarde de fútbol entre equipos de concellos irmáns e con entrada de balde”.
O Campo Municipal da Veiga será o escenario do VIII Torneo Maruxaina, que se celebrará o xoves 7 de agosto “nunha intensa xornada de fútbol con catro equipos destacados da comarca”, anuncia o Concello de Cervo. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente do club anfitrión, Eduardo Rubal, e o director deportivo, Félix Martins, nas instalacións da Veiga. O evento, organizado polo C.D. San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo, contará con estes equipos: C.D. San Ciprián (2ª FUTGAL), U.D. Xove Lago (1ª FUTGAL), S.D. Burela (Preferente) e C.D. Foz (1ª FUTGAL).
A competición desenvolverase en formato eliminatorio, con dúas semifinais programadas para as 18:00 e 19:00 horas, que enfrontarán ao CD San Ciprián e a UD Xove Lago e o CD Foz e a SD Burela, respectivamente. A loita polo 3º e 4º posto terá lugar ás...
leer másO vindeiro domingo, 16 de marzo, terá lugar o II Trofeo Máster Vila de Ribadeo, que organizan o Club Ciclista Eo e o Concello. A saída está prevista para as 11:00 horas.
A proba disputarase nas categorías M30-40-50-60 masculina e feminina. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves, día 13, ás 15:00 horas en www.fgalegaciclismo.es
O evento, que está organizado polo Club Ciclista Eo e polo Concello de Ribadeo, foi presentado no Pazo de Ibáñez. Ao acto asistiron: Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; Iván López, técnico municipal de Deportes; Dani Vega, alcalde de Ribadeo; Marcelino López e Ismael Rey, presidente e secretario do Club Ciclista Eo, e Lázaro López do...
leer másO día 23 de novembro, sábado, disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a segunda edición do Trofeo de Niveis de Patinaxe Artística A Mariña.
As Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá anuncian: “o 23 de novembro tedes unha cita coa sección de patinaxe das escolas, no pavillón de Lourenzá, en horario de mañá (10:00h-14:00h) e de tarde (16:00h-20:00h). Este ano é moi especial xa que temos representación de moitos lugares de España, sendo un total de 105 participantes”.
Os equipos asistentes son: ACD Xove, Club Anca, Rodando Corrales, Rodando Polanco, CP Langreo, CP Castrillón, CP Renedo/Cigales, Escola Lubiáns, CP Fervello, CP Enxebre e ED Lourenzá.
“Estamos moi agradecidos a tódolos participantes e, como non, aos establecementos colaboradores e patrocinadores, posto que sen eles...
leer másA primeira edición do Trofeo Feiraco terá lugar o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 18:30 horas no Campo Municipal Pepe Barrera.
O Ribadeo FC e o Viveiro CF xogarán este trofeo, que será o último partido de preparación como locais para os ribadenses antes de iniciar a competición.
A entrada será gratuíta.
Desde o Ribadeo FC sinalan: “cheos de ledicia presentamos a 1ª Edición do Trofeo Vermut Arnao, patrocinado por Castillo San Damián - Discosta norte S.L., unha cita que sen dúbida chega para quedarse”.
O Trofeo disputarase o vindeiro domingo, 11 de agosto, ás 19 horas no Campo Municipal Pepe Barrera, onde se enfrontarán o Ribadeo FC e o Navia CF.
A entrada será de balde.
Esta será a primeira oportunidade para ver as novas caras do Ribadeo FC para esta tempada.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 17 de marzo, a primeira proba deste ano da Copa Galicia de Ciclismo Máster. Esta será a única que se dispute na Mariña”.
O edil ribadense contou que “serán arredor de 120 os corredores que disputen esta proba, que partirá ás 11 da mañá e terá unha duración de máis de dúas horas. O punto de saída e de chegada será o Parque de San Francisco”.
Silvent dixo que “o Club Ciclista Eo e o Concello de Ribadeo agradecemos a colaboración dos 80 voluntarios que traballarán o domingo para que esta proba se desenvolva con normalidade”.
E engadiu que “estamos encantados de que Ribadeo siga a acoller actividades deportivas durante as fins de semana pola promoción que supoñen para o noso concello e...
leer másO 16 de decembro, aproveitando o partido de liga, farase entrega do 4º Trofeo Feminino pola Igualdade, que o levará o equipo gañador do propio partido.
Fixeron a presentación de dito trofeo Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, Carmen Veiga, concelleira de Servizos Sociais, Manuel Otero, xefe do Servizo Deportes Xunta de Galicia, Jairo Campo, adestrador do Burela FS "B" e xogadoras e directiva do Praias de Barreiros.
O club Escolas Deportivas Lourenzá organiza o primeiro Trofeo de Niveles de Patinaxe Artística A Mariña, que se celebrará este sábado, 2 de decembro, no pavillón municipal laurentino.
Este evento deportivo desenvolverase neste horario: de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »












