ferrocarril

15/07/2026

Este sábado, día 18 de xullo, ás 20:00 horas o salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova acollerá a presentación do novo libro de José Antonio Gómez Martínez, titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, “unha obra imprescindible para coñecer a historia do noso ferrocarril e o seu papel no desenvolvemento da comarca”, anuncia o Concello da Pontenova, que explica: “un volume de 416 páxinas, con 334 ilustracións e un plano despregable do ferrocarril de 80x27 centímetros, que recompila anos de investigación e documentación”.

A presentación contará coa participación de: José Antonio Gómez Martínez, autor do libro; Gabriel Ramallal Fernández, prologuista; e Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova.

“Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas apaixonadas pola historia e o patrimonio ferroviario a...

leer más