Xogos tradicionais

16/04/2026

Lourenzá e Muimenta acollerán do 8 ao 10 de maio a sétima edición do Curso de Formación sobre Patrimonio Lúdico, organizado polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, Nova Escola Galega, Xotramu, O Recuncho das Argalladas de Lourenzá e Iberia Ludens. Anunciouno a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que explica: “relatorios, mesas redondas, práctica de xogos tradicionais e visitas a museos da contorna conforman o programa destas xornadas, convocadas baixo o lema Xogo, sustentabilidade e inclusión, que incide na necesidade de dar un paso máis na posta en valor dos xogos de sempre ofrecendo respostas ás necesidades da sociedade actual”. 

O curso, que se presentou este xoves, 16 de abril, no Pazo de San Marcos coa presenza de membros dos colectivos organizadores, da deputada de Cultura, Iria Castro; da concelleira de Cultura de...

leer más
27/01/2016
En Lourenzá a Concellería de Cultura organiza unha tarde de xogos para nen@s a partir de 5 anos. Será o 10 de febreiro.
 
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a tarde do día 10 de febreiro, mércores, unha xornada de xogos de mesa onde os nenos e nenas a partir de 5 anos de idade poderán gozar dende as 17 horas con parchís, oca, futbolín, etcétera. Así mesmo levarase a cabo un orixinal xogo de bingo con premios moi interesantes.
Esta actividade está dirixida ós nenos e nenas a partir dos 5 anos e preténdese que os participantes pasen unha tarde das vacacións de Entroido entretida .
As inscricións poden facerse na biblioteca municipal ata o venres 5 de febreiro en horario de 5 a 8 da tarde ou ben no teléfono 982.12.10.06.
Esta actividade é totalmente gratuíta para os asistentes.
 
20/07/2015
Xogos tradicionais no Mercado dos Domingos, en Ribadeo. A actividade está destinada a todos os públicos.
 
Os días 19 e 26 de xullo os alumnos do curso de dinamización, que colaboran coa Área de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, coa programación e desenvolvemento de accións culturais do CIFP Porta da Auga, organizarán xogos tradicionais no Mercado dos Domingos.
Será a partir das 11 horas na praza de abastos e a participación é aberta .
Os asistentes poderán xogar á mariola, á pita cega, botar unha partida ao tres en raia e ás chapas ou lembrar o xogo da rá, entre outros. A actividade está destinada a todos os públicos.