Empresas
Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofreceran interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 26 ao 28 de novembro.
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos e con participantes de moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos ou agasallos. Estes descontos e promocións estamos seguros de que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila, sen ter que recorrer ás plataformas de venta online. Como sempre facemos, tamén co Black Friday, queremos recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, e mais nun ano coma este no que nos atopamos...
leer másAcisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de 30.000 unidades, que están dispoñibles para o comercio e para a hostalaría asociados. Esta iniciativa realízase coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Nesta ocasión preséntanse en tres formatos: un para o comercio de tamaño mediano e bolsas para botellas de viño e comida para levar para a hostalaría.
O xerete de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano tamén entregaremos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 12.000 euros do convenio do Concello de Ribadeo a este fin. Estamos diante da maior inversión en bolsas realizada nos últimos anos por Acisa, podendo así adquirir mais de 30.000 unidades, a cifra tamén mais alta dos últimos...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 5 e o sábado 6 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 47 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos, perruquerías, beleza, etc.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas...
leer másA iniciativa levará a obra de diferentes artistas aos escaparates dos establecementos comerciais e hostaleiros de Viveiro
O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, pon en marcha a iniciativa “EscapararArte Comercio e Cultura”, un proxecto no que os comercios de Viveiro converteranse nunha gran sala de exposición cultural.
A iniciativa conta ademais coa colaboración da asociación “Viveiro Centro Comercial Histórico (CCH)” e da asociación fotográfica “Os Negativos”. Deste modo, o Concello de Viveiro e estas dúas asociacións brindan aos fotógrafos/as a oportunidade de expoñer por toda a vila. O obxectivo do goberno local é tecer redes entre as diferentes asociacións e institucións, traballando pola cultura e comercio de forma conxunta á vez que se achega a arte á rúa.
...
leer másAciaFozCCA súmase á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que terá lugar do 1 ao 20 de novembro.
Días Azuis do Comercio Galego é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta coa colaboración de Abanca e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.
A campaña terá lugar entre o 1 e o 20 de novembro de 2021 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 14.000 euros en premios, distribuídos en 32 tarxetas prepago regalo de 250 euros (8 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022. O sorteo dos Días Azuis do Comercio Galego realizarase ante...
leer másAta o 27 de outubro segue a campaña Megavatio de Ouro, que organiza AciaFozCCA e que repartirá 5.000 euros en premios este mes.
Un total de 33 establecementos participan nesta campaña que deu comezo o pasado día 7. Cada local sorteará 150 euros, o valor medio dun megavatio, en tres vales de compra de 50 euros. O sorteo celebrarase o día 28 de outubro en cada tenda e os vales de compra poderán consumirse ata o vindeiro 31 de decembro en calquera dos locais que se deron cita no Megavatio de Ouro.
Os locais participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptica, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Infotec, Isla, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda...
leer másAcisa organiza de novo a campaña Tarxeta Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 15 de outubro ao 14 de decembro. O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta iniciativa, que nas anteriores edicións foi un éxito.
Iriarte explicou que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial durante dous meses mediante a fidelización do cliente tanto da vila como visitantes a través de tarxetas de desconto de 0´09 euros por litro de combustible”.
Pérez dixo que “as tarxetas Acisa Aforro de desconto obteranse gratuitamente realizando as compras en calquera dos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, e so se entregará unha por cada tícket de compra cun gasto mínimo de 10 euros. Esta promoción é...
leer másA Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional “As Rodas da Sostibilidade”.
Así, todos os clientes dos establecementos asociados que realicen compras entre o 8 e o 15 de outubro nos establecementos asociados de Burela, poden participar desta iniciativa.
Cunha compra mínima de 10€ poderán tirar dunha das dúas rodas (unha roda para tiques por valor de entre 10€ e 49,99€ e outra para tiques por valor de 50€ ou máis).
Estas rodas instalaranse o venres 15 de outubro, entre as 11.00 e as 14.00 horas no Parque Rosalía de Castro de Burela, sortéandose moitos agasallos...
leer másAciaFozCCA organiza a campaña Megavatio de Ouro que se desenvolverá do 7 ao 27 de outubro e sorteará 5.000 euros en premios.
Un total de 33 establecementos participarán nesta campaña. Cada local sorteará 150 euros, o valor medio dun megavatio, en tres vales de compra de 50 euros. O sorteo celebrarase o día 28 de outubro en cada tenda e os vales de compra serán trocables ata o vindeiro 31 de decembro en calquera dos locais que se deron cita no Megavatio de Ouro.
Os locais participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptica, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Infotec, Isla, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda íntima, María Docampo, Mercería Vera,...
leer más