Empresas
O Concello abre un prazo ata o 4 de decembro para que se adhiran novos establecementos á campaña das Panchas, a moeda local de Ribadeo, que se ampliou ata o 5 de xaneiro de 2020.
Nunha comunicación dirixida polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, á veciñanza subliñan que debido á crise sanitaria ocasionada polo covid19 “o Concello teña como prioridade protexer e dar soporte ao tecido produtivo de cara a minimizar o impacto da crise e podamos saír reforzados desta situación”.
E engaden: “coñecedores de que nuns días estaremos no Nadal, un dos momentos nos que se produce un maior nivel de gasto por parte das familias, queremos axudarvos a reter a maior capacidade de compra nestes días especialmente importantes tendo en conta a tendencia á alza...
leer másLa enseña Eroski/Center de la compañía gallega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski cuenta con un nuevo establecimiento en la localidad lucense de Burela. Emplazado en Lugar de Perdouro, número 13, abre hoy sus puertas al público de 9:15 a
21:45 horas, horario que mantendrá de lunes a sábado. Con esta
inauguración, la empresa pone a disposición de los clientes en Lugo más de
25.882 metros cuadrados de superficie comercial con un total de 28
tiendas, generando 543 puestos de trabajo en toda la provincia (con el
nuevo Eroski Center de Burela).
Para su apertura oficial se llevó a cabo un pequeño acto de inauguración a
primera hora de esta mañana con la participación del alcalde del Concello
de Burela, Alfredo Llano García, quien estuvo acompañado por el director
general de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; el director de...
Trinta e cinco establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofreceran interesantes promocións e descontos durante o Black Friday, que o colectivo empresarial celebra os días 27, 28 e 29 de novembro.
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos e con participantes de moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos ou agasallos. Estes descontos e promocións estamos seguros de que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila, sen ter que recorrer ás plataformas de venta online. Como sempre facemos, tamén co Black Friday, queremos recordar a importancia que ten mercar en...
leer másA segunda edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense, amplíase ata o vindeiro 5 de xaneiro. Así se aprobou no pleno celebrado onte, co obxectivo de beneficiar ao sector comercial e hostaleiro, que se están a ver moi afectados pola pandemia do covid-19. A partires do 1 de decembro poñeranse en circulación outros 2.000 novos packs de panchas, cunha estimación de volume de negocio de 80.000 euros, que se suman aos 150.000€ da primeira parte da campaña, que a piques está de rematar.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, dixo que “nun dos puntos presentados polo equipo de goberno no pleno celebrado onte propuxemos e aprobamos a ampliación e a modificación da campaña das panchas, a nosa moeda local, para que se poida seguir desfrutando pola poboación e beneficiando aos establecementos comerciais máis alá...
leer másAciaFozCCA está a colaborar co Concello na campaña En Negro contra as Violencias. A asociación está a repartir carteis do 25N entre as súas asociadas e asociados.
Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, dixo que “o que pretendemos é concienciar á poboación desde os nosos establecementos sobre esta lacra social para entre todos facerlle fronte. Unímonos con este reparto de carteis á campaña que realiza o Concello de Foz para celebrar o 25N tinguindo de negro os nosos escaparates e os nosos negocios”.
Black Friday
Por outra banda, José Carlos Paleo tamén aludiu á celebración do Black Friday en Foz: “este é un bo momento para darse algún capricho e conseguilo a un prezo moi interesante e tamén son uns días idóneos para ir facendo algunhas compras pensando nas vindeiras festas de Nadal. Ademais do...
A FCAM anima a apostar polo comercio da comarca durante o Black Friday.
O presidente da Federación de Comercio A Mariña, José Carlos Paleo, sinala que “chegan uns días de ventas importantes. O comercio agarda ao Black Friday para ofrecer promocións, descontos, etc… e para animar á súa clientela, que en moitos casos vai facer xa compras pensando no vindeiro Nadal”.
Paleo anima “a comprar na Mariña, ese é o noso reto comarcal, apostar polo que temos a carón da casa. Podemos beneficiarnos das campañas que xa están en marcha e sumalas ao Black Friday”.
Desde a Federación de Comercio A Mariña subliñan que “ademais de aproveitar os descontos que atoparemos no comercio da comarca durante o Black Friday, podemos conservar os tíckets de compra e participar na nova edición dos Días Azuis da...
leer másDo 18 de novembro ao 18 de decembro desenvolverase a campaña Rasca e Gaña de Acisa coa que se pretenden fomentar as compras no comercio local e o consumo na hostalería. En total vanse repartir máis de 1.500 premios entre a clientela dos negocios ribadenses, que son doados polos 87 establecementos participantes nesta cita.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a campaña Rasca e Gaña desenvolvese do 18 de novembro ata o 18 de decembro. Nela participan 87 establecementos tanto de comercio, como de hostalaría e de servizos. Póñense en circulación 15.000 rascas dos que mais de 1.500 conteñen premios”.
Pérez Prada sinalou que “se trata dunha campaña moi interesante para os nosos clientes, con premios moi interesantes, estamos a falar que neses mais de 1.500 rascas premiados hai mais de 30 botellas de viño,...
leer másAciaFozCCA suma novos asociados e supera os 140 no mes de novembro. A última incorporación é a de Mc Automotive.
Os propietarios desta empresa, que conta con máis de cinco anos de experiencia no sector, decidiron instalarse en Foz “porque aquí tiñamos bastantes clientes. Ademais nesta zona non hai negocios similares”. Antes tiveron presenza en Burela e tamén en Cervo. As expectativas son boas: “agardamos seguir aumentando a nosa presenza en Foz e ir expandindo o noso negocio cada vez mais”.
Mc Automotive está situado na rúa Cervantes, 41-baixo. Abre de luns a vernes de 9:30 a 13:30 horas e de 15:30 a 19:30 horas. E os sábados de 10 a 13 horas. Os domingos e os festivos pecha.
Desde Mc Automotive comentan que “os nosos clientes poderán atopar vehículos de gama media alta, principalmente...
leer másAcisa acaba de presentar su nueva plataforma de venta online: Ribadeo Cerca de Ti. De esta forma la patronal ribadense acerca el comercio local a sus clientes a través de internet. La iniciativa arranca con 40 establecimientos de diferentes sectores.
La plataforma www.ribadeocercadeti.es estará operativa desde el próximo lunes, 16 de noviembre. El presidente de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos, Francisco Iriarte, señaló que “estamos muy satisfechos de poder presentar esta nueva herramienta. A principios de año, la directiva al ser reelegida se comprometió en una serie de mejoras y nuevos servicios para los socios, entre los que se encontraba precisamente la creación de una plataforma web que unificara en un mismo espacio todas las tiendas online del comercio...
leer másA FCAM pon en marcha unha campaña de concienciación para que a cidadanía adiante os horarios das ceas nos restaurantes e tamén para que leve a comida para a casa. Deste xeito o comercio da Mariña pretende apoiar ao sector hostaleiro.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, explica que “o que queremos desde o comercio é estar a carón da hostalería da nosa comarca nun momento que é especialmente complicado para todos. Dadas as circunstancias temos que mudar os nosos hábitos durante unha tempada, por iso apostamos por concienciar e concienciarnos da necesidade de adiantar un pouco o horario das ceas para poder disfrutar con tranquilidade das propostas gastronómicas da nosa hostalería e para volver á casa cedo, tal e como manda a normativa en vigor neste momento”.
E engade que “hai ademais establecementos de...
leer más